mércores, 13 de setembro de 2023

ASAMBLEA INFANTIL

 ASAMBLEA 6º DE INFANTIL

ASAMBLEA 4º DE INFANTIL
ASAMBLEA 5º DE INFANTIL

luns, 19 de xuño de 2023

GRADUACIÓN 6º DE INFANTIL

Xa estamos a piques de rematar este curso, co que finaliza unha fermosa etapa chea de vivenzas que non imos esquecer.

A titora Laura e todas as profes que estiveron con vós en Infantil desexámosvos:
MOITA SORTE EN PRIMARIA!



Os nenos e nenas de 6º de infantil xa están listos para que
xogues con eles a gradualos/as.

mércores, 22 de xuño de 2022

GRADUACIÓN 6º DE INFANTIL

 


A titora Tere e todas as profes que estiveron con vós en Infantil desexámosvos:
MOITA SORTE EN PRIMARIA!

xoves, 16 de xuño de 2022

mércores, 2 de febreiro de 2022

PROPOSTAS PARA A SEMANA

 Estimdas familias:

O equipo de educación infantil, quere deixarvos unhas propostas para esta semana. Decirvos que precisamos da vosa axuda para guiar aos nenos/as.

- Aquí tedes o vídeo que fixemos coa coreografía da canción "Terra", das Tanxugueiras. Logo podemos practicar en familia.  


 - Como vos  gusta tanto xogar coa plasti, podémola facer na casa. Iste é o video titorial.

 

 - Unha receita para degustar coa imaxinación: "Ensalada  rápida de círculos".


 - Xoga coa ruleta motriz para activar o teu corpo.

- Os nenos e nenas de 6º de infantil, mándanvos este vídeo para activar o corpo polas mañás. Xa o coñecedes .... así que a moverse!


 Moita saúde! Vémonos pronto.

luns, 31 de xaneiro de 2022

COMUNICAMOS ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

O equipo de educación infantil, ante a situación que estamos vivindo por mor da covid-19, mándavos un desexo de boa saúde para toda a familia. 

Aquí podedes encontrar actividades diversas para facervos este período máis levadeiro.
Algunhas recomendacións: Lectura de contos, manualidades, ciencia, xogos de mesa, música, cociña ...

Nas marxes do blog tedes talleres que recollen actividades que podedes facer cos vosos fillos/as. 

Pronto nos veremos! 



sábado, 12 de xuño de 2021

XOGA A GRADUAR AOS NENOS E NENAS DE 6ºDE INFANTIL

 Xa estamos rematando o curso e danos moita mágoa despedir aos nosos maiores de infantil, pero así ten que ser, polo que imos xogar con eles a gradualos.





A titora Marisa e todas as profes que estiveron con vós en Infantil desexámosvos:
 MOITA SORTE EN PRIMARIA!